Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3922

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (13/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento 13/12 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Bohorque Montero contra Esabe Vigilancia, S.A., sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxo ditame é o seguinte:

Que, estimando a demanda presentada por Ramón Bohorque Montero contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a cantidade de 645,83 euros, máis os xuros de demora.

Notifíquese esta resolución ás partes, comunicándolles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

Lugo, 21 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial