Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3923

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (839/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 839/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Giao Salgado contra a empresa Aplicaciones Técnicas y Formación, S.L., Arreglos y Transformaciones, S.L., Corporación Inmobiliaria AC 21, S.L. e Triusfre, S.L., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2013

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 839/2012, sendo demandante María Carmen Giao Salgado, asistida polo letrado Sr. Pena Díaz, e demandadas as empresas Arreglos y Transformaciones, S.L., coa representación do letrado Sr. De la Morena Valenzuela, Triusfre, S.L., Ampliaciones Técnicas y Formación, S.L. e Corporación Inmobiliaria AC 21, S.L. Foi citado, da mesma maneira, o Fondo de Garantía Salarial (Fogosa), coa intervención do Ministerio Fiscal, representado polo Sr. Óscar Méndez.

Dispoño que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta por parte de María Carmen Giao Salgado contra as empresas Arreglos y Transformaciones, S.L., Triusfre, S.L., Ampliaciones Técnicas y Formación, S.L. e Corporación Inmobiliaria AC 21, S.L., e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento de María Carmen Giao Salgado e condeno a demandada Arreglos y Transformaciones, S.L. a que, no prazo de cinco (5) días desde a notificación da presente sentenza, opten entre a readmisión da traballadora nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, importan a cantidade de 2.577,6 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 41,60 euros diarios, e a extinción da relación laboral, con aboamento á traballadora da cantidade de 2.061,28 euros en concepto de indemnización.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco (5) días seguintes ao da notificación desta resolución para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social, ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Triusfre, S.L., Ampliaciones Técnicas y Formación, S.L. e Corporación Inmobiliaria AC 21, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e fixación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial