Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3912

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

CÉDULA de notificación de sentenza (recurso de suplicación 1681/2010-CON).

Nas actuacións de recurso de suplicación 1681/2010-CON a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 643/2009 do Xulgado do Social número un de Ferrol, promovidos por Ramiro López Grandal contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Ártabra Auxiliar, S.L., a mutua Fremap, sobre accidente de grao, con data do 18 de decembro de 2012 ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual de Ramiro López Grandal contra a sentenza do 22 de xaneiro de 2010, ditada polo Xulgado do Social número un dos de Ferrol en proceso promovido pola recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap e a empresa Ártabra Auxiliar, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada».

Advírteselle á parte en ignorado paradoiro que en diante se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Ártabra Auxiliar, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nos estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 21 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial