Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 28 Venres, 8 de febreiro de 2013 Páx. 3910

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1325/10 MCR).

Secretaria: M. Socorro Bazarra Varela.

Nas actuacións: recurso de suplicación número 1325/10 MCR a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos número 901/2009 do Xulgado do Social número 1 de Vigo promovidos por Ronexo, C.B. contra Exportadora Shayne, S.L., Solo Fresco Gestión, S.L., Shayne Subsidiaries, S.L., Almar 2002 Distribuciones, S.L., sobre reclamación de cantidade, ditouse a resolución cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada da comunidade de bens Ronexo, C.B., contra a sentenza do catorce de xaneiro do ano dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 1 dos de Vigo, en proceso promovido por Manuel Santos García, fronte ás empresas Solo Fresco, S.L., Almar 2002 Distribuciones, S.L., Exportadora Shayne, S.L., Shayne Subsidiaries, S.L., Solo Fresco Gestión, S.L., Ronexo, C.B. e Lalandi, S.L., debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para impugnar, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentencia, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese á parte en ignorado paradoiro que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Solo Fresco, S.L., Exportadora Shayne, S.L., Shayne Subsidiaries, S.L., Almar 2002 Distribuciones, S.L., coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

A secretaria xudicial