Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3286

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (841/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que por resolución ditada o día 16 de xaneiro de 2013, no proceso seguido por instancia de Ana Beatriz Rey Varela e outros, contra a empresa Ervamor, S.L. e o Fogasa, en reclamación por cantidade, se rexistrou co número 841/2010 e se acordou notificar á empresa Ervamor, S.L. a resolución da sentenza seguinte:

«Resolvo que, estimando integramente a demanda formulada por Ana Beatriz Rey Varela, María Josefa Sande Rama, Vanessa Torreiro Caamaño, Jesusa Varela Vila, María Canedo Rojo, María Dolores Veres Suárez, Alejandra Garrochena González, Ana María Cabeza Souto, María Sol Díaz Calvo e María Mercedes Pensado Vila, que comparecen representadas polo letrado Sr. Nogueira Esmorís, contra a empresa Ervamor, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar a Ana Beatriz Rey Varela a cantidade de 2.638,79 euros, a María Josefa Sande Rama a cantidade de 2.589,75 euros, a Vanessa Torreiro Caamaño a cantidade de 2.800,55 euros, a Jesusa Varela Vila a cantidade de 2.800,55 euros, a María Canedo Rojo cantidade de 2.800,55 euros, a María Dolores Veres Suárez a cantidade de 2.664,41 euros, a Alejandra Garrochena González a cantidade de 2.710,25 euros, a Ana María Cabeza Souto a cantidade de 2.676,02 euros, a María Sol Díaz Calvo a cantidade de 2.778,31 euros e a María Mercedes Pensado Vila a cantidade de 2.664,41 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto de tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta sentenza ás partes, ás que se lles fará saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, tendo en conta a reclamación individual de cada unha das demandantes, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias deste xulgado, agás as que sexan autos ou sentenzas ou cando se trate de emprazamentos.

E para que lle sirva de notificación á empresa Ervamor, S.L., en ignorado paradoiro, expídese esta cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial