Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3288

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (482/2012).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 15.1.2013, no proceso seguido por instancia de Fernando Garea Ramos, contra Alumiset A S, S.L. e o Fogasa, en reclamación por despedimento e cantidade, rexistrouse co número 482/2012 e acordouse notificar a Alumiset A S, S.L. o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por Fernando Garea Ramos, que comparece asistido do letrado Sr. Bouza Fernández, contra a empresa Alumiset A S, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, e declaro a improcedencia do despedimento e a extinción da relación laboral que vinculaba as partes, condeno a empresa demandada a aboar ao Sr. Garea Ramos a cantidade de 16.905,57 euros en concepto de indemnización.

Así mesmo, estimando a reclamación de cantidade efectuada por Fernando Garea Ramos, debo condenar e condeno a Pavimentos Compavi, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 225,13 euros, no sentido exposto no fundamento terceiro, cos xuros moratorios pertinentes.

Notifíquese esta sentenza ás partes advertindo que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento. Advírtase igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habente causa seu, ou non teña recoñecido o beneficio de xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros (artigo 229 da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social) na conta aberta na entidade Banesto a nome deste xulgado.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Alumiset A S, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial