Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3290

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (491/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario substituto do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 15.1.2013, no proceso seguido por instancia de José A. Laranxeiro Román contra Técnicas Instalaciones Coruña, S.L., o administrador concursal de Técnicas Instalaciones Coruña, José Alberto Calvo Orosa, e o Fogasa, en reclamación por cantidade, rexistrouse co número 491/2010 e acordouse notificar a Técnicas Instalaciones Coruña, S.L., o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que, estimando integramente a demanda formulada por José Antonio Laranxeiro Román, que comparece asistido pola letrada Sra. Nogueira Esmorís, contra a empresa Técnica Instalaciones Coruña, S.L., en rebeldía procesual, e o Fogasa, que non comparece, debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a suma de 2.135,21 euros, no sentido exposto no fundamento primeiro, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes, facéndolles saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Técnicas Instalaciones Coruña, S.L., en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 17 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial