Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3291

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (851/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 851/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Ángel Fernández Rodríguez contra a empresa Marineda Ruta 63, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Na cidade da Coruña, o vinte e oito de novembro de dous mil doce.

Carlos Villarino Moure, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 3 da Coruña, tras ver estes autos sobre despedimento entre partes, dunha e como demandante, Víctor Ángel Fernández Rodríguez, que comparece asistido polo letrado Pedro Naveira Couceiro e, doutra como demandado, Marineda Ruta 63, S.L., que non comparece.

Decido:

1. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Víctor Ángel Fernández Rodríguez fronte á empresa Marineda Ruta 63, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento, con condena da empresa demandada a que readmita inmediatamente o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta resolución. Todo isto con aboamento, en caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación desta sentenza.

Esta opción deberase exercer en 5 días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido ese termo sen que optase, entenderase que procede a readmisión.

2. A indemnización e os salarios de tramitación que deberá aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 1.042,08 euros (mil corenta e dous euros con oito céntimos).

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación desta sentenza, calculados a razón de 43,42 euros/día; e que ata a data desta sentenza ascenden a 5.644,51 euros.

3. A empresa demandada deberá, así mesmo, aboar os honorarios do letrado da parte demandante ata o límite de 600 euros e unha multa de 345 euros.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe interpor recurso de suplicación para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, ou por simple manifestación no momento en que se lle practique a notificación.

Advírtase igualmente o recorrente que non for traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o dereito da xustiza gratuíta, que deberá depositar a cantidade de 300 euros na conta aberta en Banesto (0030 1846) a nome deste xulgado, co número 1533 0000 36 0851 12, acreditando, mediante a presentación do xustificante de ingreso no período comprendido ata a formalización do recurso, así como, no caso de ter sido condenado en sentenza ao pagamento dalgunha cantidade, consignar na conta de depósitos e consignacións a nome deste xulgado, co número 1533 0000 60 0851 12, a cantidade obxecto de condena, ou formalizar aval bancario por esa cantidade en que se faga constar a responsabilidade solidaria do avalista e incorporalo a este xulgado co anuncio de recurso. En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso, no momento de o anunciar.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Publicación. A anterior sentenza leuna e publicouna o maxistrado que a ditou, en audiencia pública do día da data, do que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Marineda Ruta 63, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial