Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3293

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1054/2012).

Pola presente e en virtude do acordado en resolución desta data, ditada nos autos de xuízo número 1054/2012, que se tramitan por instancia de Almudena Millor Yáñez contra Xertigan Sociedad Cooperativa Galega e o Fogasa, sobre cantidade, cítase a empresa demandada, en ignorado paradoiro, para que o día 8.1.2014 ás 10.15 horas, compareza na Sala de Audiencia deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, 1, 4ª planta, sala 9, de Lugo, co obxecto de celebrar o acto de conciliación e, de non haber avinza, seguidamente o xuízo, advertíndolle que ao acto para o que é citado deberá concorrer con todos os medios de proba de que intente valerse e que a falta de asistencia a el non suspenderá a súa realización, recaendo sobre el o prexuízo que proceda en dereito, co apercibimento que recolle o artigo 59 da LPL, para os efectos de facer posteriores comunicacións.

Así mesmo, cítase o representante legal da empresa demandada, para que o día e hora antes sinalados, compareza na Sala de Audiencia deste xulgado, co obxecto de practicar interrogatorio de partes, advertíndolle que, caso de non comparecer, se poderán ter por recoñecidos os feitos cuxa fixación como certos lle sexan enteiramente prexudiciais.

A non comparecencia do litigante, sen mediar escusa previa, á práctica da proba de interrogatorio de parte determinará a imposición a este dunha multa de 180 a 600 euros, de conformidade co previsto no artigo 292.1º da LAC.

E para que sirva de citación á empresa Xertigan Sociedad Cooperativa e ao representante legal desta, en ignorado paradoiro, expido e asino a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 16 de xaneiro de 2013

Rafael González Alió
Secretario