Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3294

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (197/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 197/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sandra María Quintana Rodríguez contra a empresa Arasti Barca Ma, S.L., Patricia Sabela Rivas Lorenzo, Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L., Evenculsa, S.L., e o Concello de Santiago de Compostela, sobre ordinario, ditouse a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por Sandra María Quinta Rodríguez e, en consecuencia, condeno solidariamente a Arasti Barca, S.L. e ao Concello de Santiago de Compostela a pagar á demandante 11.275,68 euros en concepto de diferenzas retributivas correspondentes ao ano 2011.

Tense a parte demandante por desistida da acción iniciada contra Patricia Sabela Rivas Lorenzo, Evenculsa, S.L., Campa Formación e Intervención Socioeducativa, S.L.

Non procede realizar pronunciamento de condena ao Fogasa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela poden interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación da sentenza á codemandada Evenculsa, S.L., por acharse en ignorado paradoiro, expídese o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial