Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3296

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 11 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, de alleamento polo procedemento de poxa pública dun ben inmoble situado no concello de Lugo.

Ás 11.30 horas do día 5 de marzo de 2013 realizarase no salón de actos do Edificio Administrativo situado na rolda da Muralla, nº 70, de Lugo, ante a mesa presidida polo subdirector xeral do Patrimonio, coa asistencia dun letrado da Asesoría Xurídica da Xunta de Galicia, un representante da Intervención Xeral da Comunidade Autónoma e un funcionario da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, que actuará como secretario, primeira, segunda e terceira poxa pública do seguinte ben inmoble patrimonial da Comunidade Autónoma de Galicia, cuxo alleamento foi acordado pola Orde da Consellería de Facenda do 20 de novembro de 2012.

Predio oitenta-oitenta e un-oitenta e dous d). Local dedicado a uso comercial, dunha superficie aproximada de 88,90 m2. Linda: fronte, entrando desde as galerías, coas ditas galerías; fondo, casa nº 31 da praza de España, e predios da rúa Bispo Aguirre; dereita entrando, co local que se describirá a continuación, e esquerda, en parte e en baleiro con rampla de baixada aos sotos, en parte co oco do portal e as escaleiras de acceso ás vivendas de tipo C, e en parte co local que se describiu anteriormente. Asígnaselle unha cota de 2,929 %. Referencia catastral: 7831014PH1673B0083LP. Inscrito no Rexistro da Propiedade nº 1 de Lugo como predio nº 46.315, folio 82, libro 842, tomo 1.281, inscrición 2ª.

Tipo de licitación primeira poxa: 76.495,95 euros.

Tipo de licitación segunda poxa: 65.021,56 euros.

Tipo de licitación terceira poxa: 53.547,17 euros.

Tramo de poxa: 100 euros.

Para tomar parte na poxa é requisito indispensable consignar o 20 % da cantidade sinalada como tipo de licitación do inmoble ante a mesa, ou acreditar que se depositou tal cantidade na Tesouraría Xeral da Xunta de Galicia á disposición da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

Serán pola conta dos adxudicatarios os custos do anuncio, así como os orixinados pola adxudicación e formalización da escritura pública de venda; os demais gastos e impostos derivados da transmisión serán de aplicación conforme o disposto na lei.

O prego de condicións que rexe o presente alleamento está á disposición dos interesados na Subdirección Xeral do Patrimonio, rúa da Pastoriza, nº 8, 2º andar (Santiago de Compostela), así como na páxina web da Consellería de Facenda
(http://www.conselleriadefacenda.es/web/portal/procedementos-de-licitacion-contratacion-patrimoninial).

Para poder visitar este inmoble deberase concertar cita previa. Teléfonos de información: 881 99 90 55/981 54 41 51.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2013

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda