Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 25 Martes, 5 de febreiro de 2013 Páx. 3284

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4513/2012).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 4513/2012 desta sección, seguido por instancia de Eligio Aguiar Daparte e outros contra o Fogasa, Pumade, S.A., Industrias González, S.L., Aisladeza, S.L., Integradora de Servicios, Formación e Innovaciones del Noroeste, S.L., Pazo de Transfontao, S.L., Auregon Proyectos Industriales, S.L., administración concursal de Industrias González, S.L. (señores Feijoo e Mosquera), Extracción y Transformación del Granito, S.L., Montenor, S.L., sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto por Jorge Rodríguez Cambón, Jesús Fernández Núñez, Juan Carlos Fernández Núñez, Carlos Corral García, Manuel Louzao Sánchez, José Antonio Fernández González, Julio Vilar Mariño e Eligio Aguiar Daparte, contra a sentenza ditada o 10 de maio de 2012, polo Xulgado do Social número 2 de Pontevedra, no xuízo seguido polos recorrentes contra a entidade mercantil Industrias González, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Aisladeza, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Integradora de Servicios, Formación e Innovaciones del Noroeste, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Extracción y Transformación del Granito, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Pazo de Transfontao, Sociedad Limitada, a entidade mercantil Montenor, Sociedad Limitada e a entidade mercantil Auregón, Sociedad Limitada, en que foi citado o Fondo de Garantía Salarial, a Sala confírmaa integramente

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Montenor, S.L., con último domicilio coñecido no polígono de Botos, rúa 1, número 22 de Lalín, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamentos, expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial