Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3021

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1123/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 1123/2010 por instancia de Lorenzo Panete Cimas contra Inaltel, S.A., administradores concursais da empresa Inaltel, S.A. (Miguel Ángel Alcaraz García, José Ignacio de Mesa Ruiz e Pedro B. Martín Martínez), e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou auto de aclaración da sentenza o 13 de decembro de 2012 que, copiado nos particulares necesarios, di así:

«Parte dispositiva.

1. Non procede o solicitado, especificándose na propia sentenza que a orde aos administradores concursais é na dita soa condición.

2. Incorporar esta resolución ao libro que corresponda e levar testemuño aos autos.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean sendo utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra este auto non cabe interpoñer recurso ningún».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inaltel, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial