Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3022

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (1123/2010).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 1123/2010 por instancia de Lorenzo Panete Cimas contra Inaltel, S.A., administradores concursais da empresa Inaltel, S.A. (Miguel Ángel Alcaraz García, José Ignacio de Mesa Ruiz e Pedro B. Martín Martínez) e contra o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 14.11.2012 que copiada nos particulares necesarios di así:

«Decido:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Lorenzo Panete Cimas fronte a Inatel, S.A., os seus administradores concursais, José Ignacio de Mesa Ruiz, Pedro B. Martín Martínez e José Antonio Cadahia Casla (en substitución de Miguel Ángel Alcaraz García), con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Inatel, S.A. a aboarlle ao demandante, Lorenzo Panete Cimas, a cantidade de dous mil oitocentos un euro con corenta e catro céntimos de euro (2.801,44 euros). Destas cantidades deberá responder José Ignacio de Mesa Ruiz, Pedro B. Martín Martínez e José Antonio Cadahia Casla (en substitución de Miguel Ángel Alcaraz García), na súa soa condición de administradores concursais da empresa Inatel, S.A.

Notifíqueselle a resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Inaltel, S.A. expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 15 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial