Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3023

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (1036/2011).

Rafael González Alio, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fai saber que no procedemento 1036/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Gayoso Fernández contra Esabe Vigilancia, S.A. sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Que, estimando a demanda presentada por José Gayoso Fernández contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., debo condenar e condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 155,67 euros, máis os xuros de mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e comuníqueselles que contra ela, de conformidade co disposto no artigo 191 da Lei reguladora da xurisdición social, non cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

E para que sirva de notificación en forma a Esabe Vigilancia, S.A., en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto».

Lugo, 15 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial