Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3024

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (191/2012).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 191/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Germán Barja Lombao contra a empresa Hormigones Lucenses, S.A., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Dispoño declarar extinguida a relación laboral que unía a Germán Barja Lombao coa empresa Hormigones Lucenses, S.A. e condenar a citada empresa ao aboamento das seguintes cantidades:

Nome do traballador: Germán Barja Lombao.

Indemnización: 66.607,28 euros (sesenta e seis mil seiscentos sete con vinte e oito céntimos de euro).

Salarios: 13.038 euros (trece mil trinta e oito euros).

E para que sirva de notificación en legal forma a Hormigones Lucenses, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia de Lugo».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 15 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial