Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3025

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Reforzo da Coruña

EDICTO (40/2011).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 40/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Teresa Presedo Huete contra a empresa Tecnoconsulting Asesores, S.L., despois de ser citado o Fondo de Garantía Salarial, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza 876/2012 e auto de aclaración cuxos encabezamentos e resolucións son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

A Coruña, 15 de novembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 3 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre reclamación de cantidade 40/2011, sendo demandante Teresa Presedo Huete, representada polo letrado Sr. Iglesias Vázquez, e demandada a empresa Tecnoconsulting Asesores, S.L., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

E fallo que debo estimar e estimo a demanda interposta por Teresa Presedo Huete contra a empresa Tecnoconsulting Asesores, S.L., e, en consecuencia condeno a esta última a aboar a Teresa Presedo Huete a cantidade de 2.387,63 euros que lle debe, cantidade que deberá incrementarse co xuro de demora do 10 %.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíquese a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así o pronuncio, mando e asino.

Auto.

A Coruña, 29 de novembro de 2012.

Antecedentes de feito.

Único. O pasado día 15 de do ano que corre ditouse sentenza no presente procedemento.

Despois de ser presentado neste xulgado o pasado día 20, pola representación de Teresa Presedo Huete, escrito en que solicita a aclaración do ditame da resolución de referencia, cómpre acceder ao formulado.

Parte dispositiva:

Que debo acordar e acordo a aclaración da sentenza do 15 de novembro de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que no feito probado segundo da referida sentenza se faga constar, ao final, “A empresa non aboou a Teresa Presedo Huete a cantidade de 2.033,70 euros, en concepto de atrasos percibidos desde decembro de 2009 a setembro de 2010”. Do mesmo xeito, que no ditame se substitúa a suma de condena pola cantidade de 4.863,46 euros, e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada-xuíza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, en funcións de reforzo».

E para que sirva de notificación á empresa Tecnoconsulting Asesores, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 29 de novembro de 2012

A secretaria xudicial