Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3027

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se dispón a notificación das resolucións dos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos.

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réximen xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, notifícaselles ás persoas que a seguir se relacionan, ás cales non se lles puido facer por correo certificado, as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores por infraccións en materia de espectáculos públicos; o seu número cítase no anexo.

Contra estas resolucións poderá interpoñer o interesado recurso de alzada, perante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa notificación.

Advírtase que de non ser interposto este en tempo e forma, deberá aboar a multa imposta no período de pagamento voluntario sinalado no boletín de multas e que pode recoller nas dependencias da Xefatura Territorial da consellería, a favor do Tesouro da Facenda galega, na conta restrinxida que consta no devandito boletín, en calquera das oficinas da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo constar o número do expediente sancionador. Transcorrido o dito prazo, procederase ao cobramento pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición segunda da Orde da Consellería de Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG do 5 de decembro).

Lugo, 14 de xaneiro de 2013

José Manuel Rozas Bello
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Nome

DNI/NIF

Nº expt.

Precepto infrinxido

Último domicilio

Resolución

A Cova Meiga (Jesús Alberto Gómez Tenreiro)

76410222-J

LU-E-104/12

26.e) da LO 1/1992

R/ Nicolás Cora Montenegro nº 51, 3º B, Viveiro

Ata 300 €