Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3019

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (729/2011).

María Luisa Rodríguez Delgado, secretaria xudicial do Xulgado do Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, mediante este, anuncio que no presente procedemento de xuízo verbal 729/2011 seguido por instancia de Manuel Pardo Santos fronte a Antonio Pintos Pérez e Rafael Oselame ditouse sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

«Sentenza número 144/12.

Na cidade de Santiago de Compostela o seis de setembro de dous mil doce.

Vistos por Margarita Isabel Poveda Bernal, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Santiago de Compostela, os presentes autos de xuízo verbal número 729/2011 seguidos ante este xulgado entre partes, dunha, como demandante, Manuel Pardo Santos, con procuradora Sra. Queiro García e letrada Sra. Sánchez Garrido, e doutra, como demandados Antonio Pintos Pérez e Rafael Oselame, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, dítase esta sentenza con base nos seguintes:

Decido que, estimando como estimo a demanda interposta por Manuel Pardo Santos, con procuradora Sra. Queiro García, fronte a Antonio Pintos Pérez e Rafael Oselame, en rebeldía, debo condenar e condeno os demandados a pagar ao demandante a cantidade de trescentos oitenta e dous con corenta e nove euros (382,49 €) máis o xuro legal desde a data de interposición da demanda ata o seu completo pagamento, con expresa imposición á parte demandada das custas procesuais causadas.

Únase a presente ao libro rexistro de sentenzas e autos definitivos civís deste xulgado, e expídase testemuño que se unirá aos autos a que se contrae.

Así, por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Modo de impugnación: conforme o disposto no artigo 455.1 da LAC, reformado pola Lei 37/2011, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual, tratándose dun xuízo verbal de contía non superior a 3.000 euros, esta sentenza non é susceptible de recurso ningún.

E encontrándose os ditos demandados, Antonio Pintos Pérez e Rafael Oselame, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lles sirva de notificación en forma.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2012

A secretaria xudicial