Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Luns, 4 de febreiro de 2013 Páx. 3018

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2013 pola que se aproban e se fan públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico especialista de Investigación, especialidade Bioloxía, grupo III, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre.

Por Resolución reitoral do 24 de outubro de 2012 (DOG do 9 de novembro e BOE do 30 de novembro), convocáronse probas selectivas para cubrir tres prazas da categoría profesional de técnico especialista de Investigación, especialidade Bioloxía, do grupo III da USC, dúas pola quenda de promoción interna e unha pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, o reitor

RESOLVE:

Primeiro. Declarar aprobadas e facer públicas as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Indicar que as listaxes provisionais de persoas aspirantes admitidas e excluídas están expostas nos taboleiros de anuncios da Reitoría, da Casa da Balconada, do Edificio de Servizos Administrativos e Biblioteca Intercentros e na web:
http://www1.usc.es/webpas/SPAS/Laborais/Indice.htm

Terceiro. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de persoas admitidas dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Cuarto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión xustificando o dereito a seren incluídas na relación de persoas admitidas serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 21 de xaneiro de 2013

Juan José Casares Long
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela