Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (DOI 177/12).

Mª Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 177/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosario Cornes Costa contra Grialibros, S.L., Grace Antonia Nouel Brache, Comercial Ara, S.A., Salvora Areito, S.A., Aula 25 Distribuidora, Fondo de Garantía Salarial, Aula 25, Abraxas Aula 25, S.L., sobre despedimento, foi ditada a resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«Que rectifico os erros materiais que conteñen os feitos probados segundo e sétimo da sentenza, o fundamento xurídico décimo e parte dispositiva, que deben quedar redactados do seguinte xeito:

Feito probado segundo:

Segundo. Rosario Cornes Costa vén prestando os seus servizos por conta das mercantís Grial Libros, S.L. e de Grace A. Nouel Brache desde o día 7.2.2007, coa categoría profesional de auxiliar administrativo e con dereito a percibir un salario mensual, incluído o rateo de pagas extras, de 1.125,47 euros para o ano 2011 e 1.155,59 euros para o ano 2012.

As funcións que realiza a traballadora son: arquivar, atención telefónica, recibir, supervisar e introducir albarás no programa, realizar pedidos e organizar papelame. Non asumía traballo de contabilidade ou fiscal.

Feito probado sétimo:

Sétimo. O grupo de empresas formado por Grial Libros, S.L. e Grace A. Nouel Brache debe á demandante a cantidade de 5.946,96, en concepto de diferenzas salariais percibidas desde xaneiro a novembro de 2011 (82,75 euros), e salarios de decembro de 2011, paga extraordinaria de beneficios de 2010, pagas extraordinarias de beneficios, nadal e verán de 2011 e 2012 e 26 días de salario de xaneiro de 2012.

Fundamento xurídico décimo:

Décimo. Canto á reclamación de salarios, tal e como se expuxo anteriormente, o artigo 26.3 da actual LRXS permite a súa acumulación á acción de resolución de contrato ou despedimento:

Poderán acumularse nunha mesma demanda as accións de despedimento e extinción do contrato sempre que a acción de despedimento acumulada se exerza dentro do prazo establecido para a modalidade procesual de despedimento. Cando para a acción de extinción do contrato de traballo do artigo 50 do texto refundido da Ley do Estatuto dos traballadores se invoque a falta de pagamento do salario pactado, establecida na alínea b) do número 1 daquel precepto, a reclamación salarial poderá acumularse á acción solicitando a extinción indemnizada do vínculo, e poderase, se for o caso, ampliarse a demanda para incluír as cantidades posteriormente debidas.

O traballador poderá acumular á acción de despedimento a reclamación da liquidación das cantidades debidas até esa data conforme o número 2 do artigo 49 do Estatuto dos traballadores, sen que por iso se altere a orde de intervención do número 1 do artigo 105 desta lei. Non obstante, se pola especial complexidade dos conceptos reclamados se puideren derivar demoras excesivas ao proceso por despedimento, o xulgado poderá dispor, a seguir da realización do xuízo, que se tramiten en procesos separados as pretensións de despedimento e cantidade, para o cal disporá a dedución de testemuño ou copia das actuacións e elementos de proba que coide necesarios co fin de poder ditar sentenza sobre as pretensións de cantidade no novo proceso resultante.

A parte demandante exerce acción solicitando que se condene a demandada a lle aboar os salarios debidos (diferenzas salariais percibidas durante o ano 2011), os cales fixa na cantidade de 7.316,35 euros, sobre a base dunha categoría profesional de oficial administrativo ou, subsidiariamente, a cantidade de 5.864,21 euros, conforme a categoría de auxiliar administrativo, cos xuros legais por mora do 10 %.

Determinado que a categoría da traballadora é a de auxiliar administrativo e que a parte non probou o pagamento e que nin sequera negou a débeda, parte a que corresponde a carga de probar o pagamento, en virtude do establecido no artigo 217 da LAC, haberá que estimar a demanda no senso de condenar as demandas responsables ao pagamento da cantidade de 5.946,96, en concepto de diferenzas salariais percibidas desde xaneiro a novembro de 2011 (82,75 euros) e salarios de decembro de 2011, paga extraordinaria de beneficios de 2010, pagas extraordinarias de beneficios, nadal e verán de 2011 e 2012 e 26 días de salario de xaneiro de 2012.

Parte dispositiva:

Que estimo a demanda interposta por Rosario Cornes Costa contra as mercantís Grial Libros, S.L., Nouche Brache, Grace, Aula 25 Distribuidora, Abraxas Aula 25, S.L., Aula 25, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) e Germán Anotio Pérez Rubín, na súa condición de administrador concursal de Grial Libros, S.L. e, en consecuencia, declaro improcedente o despedimento da demandante efectuado con data do 26.1.2012, e condeno a Grial Libros, S.L. e Grace A. Nouel Brache a optaren, no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza, ben por readmitiren o traballador nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento ben pola extinción da relación contractual con aboamento dunha indemnización de 8.547,75 euros, en ambos os casos con aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a sentenza polo importe de 8.433,78 euros, así como, os que se perciban ata a notificación da sentenza, a razón de 37,99 euros por día e a aboar á demandante a cantidade de 5.946,96, en concepto de diferenzas salariais percibidas desde xaneiro a novembro de 2011 (82,75 euros), e salarios de decembro de 2011, paga extraordinaria de beneficios de 2010, pagas extraordinarias de beneficios, nadal e verán de 2011 e 2012 e 26 días de salario de xaneiro de 2012, máis o 10 % de xuro desta última cantidade, por demora no pagamento, e absolvo o resto de demandados das pretensións contra eles deducidas e condeno a Germán Antonio Pérez Rubín na súa única condición de administrador concursal.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso ningún, ben que, se poderá interpor contra a resolución que se rectifica, no modo e forma nesta establecidos, desde a notificación ás partes do presente auto.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 1».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación ás demandadas Grace Antonia Nouel Brache, Comercial Ara, S.A. e Salvora Areito, S.A., expídese este edicto.

Santiago de Compostela, 11 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial