Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral Técnica da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato para a explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: SECON 01-EM.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=17838

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo especial.

b) Descrición: instalación, xestión e explotación de máquinas expendedoras de bebidas quentes, frías e de produtos sólidos nos edificios xudiciais da Xunta de Galicia.

c) Lote: non leva.

d) CPV: 55400000-4 Servizos de subministración de bebidas.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 7 de setembro de 2012.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato (canon): 144.000,00 €, incluídas as posibles prórrogas.

5. Orzamento base de licitación (canon): 72.000,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

Ano 2012: 9.000,00 €.

Ano 2013: 36.000,00 €.

Ano 2014: 27.000,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 29 de novembro de 2012.

b) Data de formalización do contrato: 31 de decembro de 2012.

c) Contratista: Autobar Spain, S.A.

d) Canon de adxudicación: 102.453,00 €, desagregado por anualidades do seguinte xeito:

Ano 2013: 51.226,50 €.

Año 2014: 51.226,50 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: trátase dunha oferta vantaxosa para a Administración desde o punto de vista económico polo incremento do canon ofertado sobre a licitación.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Vicepresidencia e da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza