Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2750

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (897/2008).

En Pontevedra o sete de xuño de dous mil doce.

María Jesús Prieto Toranzo, secretaria da Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, certifico que na peza civil número 137/12, dimanante do procedemento ordinario número 897/08 procedente do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa, recaeu sentenza do teor literal seguinte:

«Peza: recurso de apelación (LACN) 137/12.

Asunto: ordinario 897/08.

Procedencia: Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía de Arousa.

A Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra composta polos maxistrados, Francisco Javier Menéndez Estébanez, María Begoña Rodríguez González, Jacinto José Pérez Benítez, ditou, en nome do rei, a seguinte:

Sentenza número 302.

En Pontevedra o trinta e un de maio de dous mil doce.

Vistos en grao de apelación ante esta Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra os autos de procedemento ordinario 897/08, procedentes do Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Vilagarcía, aos cales correspondeu a peza número 137/12, en que aparece como parte apelante-demandante Reale Seguro, S.A., representado polo procurador Luis Ángel Abalo Álvarez, e asistido pola letrada Ángeles Fernández Guisande, e como parte apelada-demandada María Luisa López Sahélices (falecida), Óscar Rodríguez Quiroga, en rebeldía, sobre reclamación de cantidade, e sendo relator o maxistrado Jacinto José Pérez Benítez, quen expresa o parecer da sala (seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos):

Decidimos que desestimamos o recurso de apelación deducido pola representación procesual de Reale Seguros, S.A., con íntegra confirmación da resolución obxecto de recurso e imposición á apelante das custas procesuais percibidas nesta alzada. Así, por esta nosa sentenza, da que se poñerá testemuño nos autos principais, con inclusión do orixinal no libro correspondente, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as rúbricas. Certifico. O inserido concorda ben e fielmente co seu orixinal ao cal me remito en caso necesario, para que así conste e se remita ao Diario Oficial de Galicia, para que sirva de notificación a Óscar Rodríguez Quiroa, expido e asino o presente testemuño».

Pontevedra, 7 de xuño de 2012

María Jesús Prieto Toranzo
Secretaria xudicial