Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Xoves, 31 de xaneiro de 2013 Páx. 2748

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira)

EDICTO (472/2008).

José Andrés Salgado Fernández, secretario xudicial da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por este edicto,

Anuncio:

No procedemento ordinario número 472/2008 ditouse sentenza o tres de outubro de dous mil doce, cuxo encabezamento e ditame son do seguinte teor literal:

«Fernando Seoane Pesqueira, presidente.

José Ramón Chaves García.

María Dolores Galindo Gil.

A Coruña, tres de outubro de dous mil doce.

No recurso contencioso-administrativo que, co número 472/08, pende de resolución ante esta sala, interposto por Santiago Ignacio Outomuro Nieves, representado polo procurador José Amenedo Martínez, dirixido pola letrada María Jesús Novoa Aira, contra a Orde do 5 de decembro de 2007 da Consellería de Presidencia, sobre nomeamentos de funcionarios do corpo facultativo superior, escala de enxeñeiros industriais. É parte a Administración demandada, Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, representada e dirixida polo letrado da Xunta de Galicia. Son codemandados Eva Aurea García Álvarez, María Isabel Castro Sánchez, Joaquín García López, Ignacio Garnelo Preciado, José Manuel Lamela Rivera, Ramón Pereiro Santín, Anxo Muñiz Alonso, Miguel Ángel Varela Sánchez, Tomás Nogueiras Nieto, Ricardo Miguel Baños Fojo, Xan Mera Cabanelas, actuando en nome e representación propia. É relator Fernando Seoane Pesqueira (...).

Decidimos que debemos desestimar e desestimamos o recurso contencioso-administrativo interposto por Santiago Ignacio Outomuro Nieves contra a desestimación presunta, por silencio administrativo, do recurso de reposición interposto contra a Orde do 5 de decembro de 2007 do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se procede ao nomeamento como funcionarios/as do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, grupo A, escala de enxeñeiros industriais, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde da devandita consellería do 26 de decembro de 2005, sen facer imposición de custas.

Notifíquese ás partes e entréguese copia ao Ministerio Fiscal, facéndolles saber que esta é firme, e que contra ela as persoas e entidades a que se refire o artigo 100 da Lei 29/1998, do 13 xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, poderán interpoñer o recurso de casación en interese de lei do artigo citado, dentro do prazo dos tres meses seguintes á súa notificación. Así mesmo, poderán interpoñer contra ela calquera outro recurso que consideren adecuado á defensa dos seus intereses. Para admitir a trámite o recurso, ao interpoñerse deberá constituírse na conta de depósitos e consignacións deste tribunal (1570-0000-85-0472-08-24) o depósito a que se refire a disposición adicional décimo quinta da Lei orgánica 1/2009, do 3 de novembro (BOE núm. 266, do 4 de novembro); e, no seu momento, devólvase o expediente administrativo á súa procedencia, con certificación desta resolución.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E, como consecuencia do ignorado paradoiro de Miguel Ángel Varela Sánchez e Ricardo Miguel Baños Fojo, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2013

José Andrés Salgado Fernández
Secretario xudicial