Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2612

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4803/2012).

Francisco Javier Gamero López-Peláez, secretario xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4803/2012 desta sección, seguido por instancia de Miguel Tato Blanco contra a empresa Pizarras de León, S.A., Pizarras Las Cuartas, S.A., Pizarras Intradima, S.L., Promociones e Inversiones Valdeorras, S.L., Moti Europa, S.L.U., Servicios de Canteras de Valdeorras, S.L. (Secaval), Ministerio Fiscal, Ulpiano Rodríguez Fernández, María de los Ángeles Fernández do Souto, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Antonio Pérez Fernández, en nome e representación de Miguel Tato Blanco, debemos confirmar e confirmamos a sentenza do 8 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 1 de Ourense, en autos 517/2011, promovidos por Miguel Tato Blanco contra Pizarras de León, S.A., Servicios de Canteras de Valdeorras, S.L., Intradima, S.L., Moti Europa, S.L.U., Pizarras Las Cuartas, S.A., Promociones e Inversiones Valdeorras, S.L., María de los Ángeles Fernández do Souto e Ulpiano Rodríguez Fernández.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Pizarras Intradima, S.L., Ulpiano Rodríguez Fernández, Servicios de Canteras de Valdeorras, S.L., Moti Europa, S.L.U., Pizarras Las Cuartas, S.A., Promociones e Inversiones Valdeorras, S.L. e María de los Ángeles Fernández do Souto, con último domicilio coñecido en Barco de Ávila, 4, O Barco de Valdeorras (Ourense), expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial