Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2611

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2013, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, polo que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de xefe do Servizo de Farmacia.

Convocada a provisión dun posto de traballo vacante neste centro, de conformidade co previsto no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario, e na Orde do 24 de maio de 2006 pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada, en virtude do establecido na Orde do 5 de xullo de 2012, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde resolve adxudicar o posto convocado á persoa que se indica no anexo desta resolución.

Pontevedra, 14 de xaneiro de 2013

José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés

ANEXO

Posto de traballo: xefe do Servizo de Farmacia.

Nome e apelidos: Carlos Crespo Diz.

DNI: 35443711-K.