Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2614

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2022/2010).

Secretaría: Francisco Javier Gamero López-Peláez.

Cédula de notificación.

Nas actuacións de recurso de suplicación número 2022/2010 IP a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, dimanantes dos autos número 516/2009, do Xulgado do Social número 2 de Ourense, promovidos por Antonio Raña Domínguez contra Soal Obras e Servicios, S.L., sobre accidente de grao, con data do 12 de decembro de 2012 se ditou a resolución coa seguinte parte dispositiva:

«Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Antonio Pérez Fernández, en nome e representación de Antonio Raña Domínguez, contra a sentenza do dez de febreiro de dous mil dez, ditada polo Xulgado do Social número 2 dos de Ourense, en autos seguidos por instancia do recorrente contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a mutua Fremap e a empresa Soal, Obras e Servicios, S.L., sobre invalidez derivada de accidente de traballo, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución contra a cal se recorreu.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei reguladora da xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Boletín Oficial da provincia, co fin de que lle sirva de notificación en forma a Soal Obras e Servicios, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Muñoz Calero, 14, Carballeda de Avia (Ourense), expido e asino este edicto.

A Coruña, 10 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial