Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Mércores, 30 de xaneiro de 2013 Páx. 2616

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (recurso de apelación 67/2012).

Isabel Freire Cortizo, secretaria da sección quinta da Audiencia Provincial da Coruña fago saber que na peza de apelación que se dirá foi ditada sentenza con data do 28 de novembro de 2012 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Coruña, 28 de novembro de 2012.

No recurso de apelación civil número 67/2012, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 13 da Coruña, en xuízo ordinario 342/2011, sobre reclamación de cantidade, sendo a contía do procedemento 24.090,67 euros, seguido entre partes, como apelante, a Caja de España de Inversiones, Salamanca y Soria, Caja de Ahorros y Monte de Piedad, representada polo procurador Sr. González Guerra; e sendo parte C.M.A. Mercados Internacionales, S.L., declarado en rebeldía procesual en primeira instancia. É relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolvo que, estimando o recurso de apelación, interposto pola representación procesual de Caja España de Inversiones, Salamanca y Soria, Caja de Ahorros y Monte de Piedad, contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primera Instancia número 13 da Coruña no xuízo ordinario 342/2011, debemos revogar e revogamos o pagamento dos xuros moratorios desde a data de peche da conta (3.6.2010), ata o completo pagamento da cantidade principal, mantendo os demais pronunciamentos da sentenza apelada; sen imposición das custas da alzada».

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) ao obxecto de identificar as partes declaradas en rebeldía C.M.A. Mercados Internacionales, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 11 de decembro de 2012

A secretaria