Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1850

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3034/2010).

María Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento de recurso de suplicación número 3034/2010-PM desta Sección, seguido por instancia de José Luis Piñeiro Alonso contra a empresa Cristalería Picota, S.L., mutua Midat Cyclops, sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos que, desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante José Luis Piñeiro Alonso, contra a sentenza do 8 de marzo de 2010, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Vigo, nos autos 1110/2009, seguidos por instancia do demandante contra o INSS, a TXSS, a mutua Cyclops e Cristalería Picota, S.L., sobre incapacidade permanente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta Sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta Sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.»

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Cristalería Picota, S.L., con último domicilio coñecido en Pontevedra, expido e asino este edicto.

A Coruña, 18 de decembro de 2012

A secretaria xudicial