Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1849

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2013 pola que se corrixen os erros advertidos na Resolución do 16 de xaneiro de 2012 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos especialistas de laboratorio, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral da Universidade da Coruña.

Unha vez advertido erro no anexo I (fase de oposición) da Resolución do 16 de xaneiro de 2012, pola que se convocan probas selectivas para a provisión de prazas de técnicos especialistas de laboratorio, polo sistema de promoción interna e de acceso libre, vacantes no cadro de persoal laboral da Universidade da Coruña (DOG do 26 de xaneiro de 2012), esta Xerencia, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), e da delegación de competencias operada pola Resolución do 16 de xaneiro de 2012, e segundo o que dispón o artigo 105.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, rectifica o dito erro e publica a súa corrección do xeito que se indica:

Onde di:

«Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun primeiro suposto práctico que se elixirá de entre tres propostos polo tribunal, relacionados co temario da área (bloque II), e un segundo suposto práctico de entre dous propostos polo tribunal, relacionados co temario da subárea (bloque III). Cada suposto ...»

Debe dicir:

«Terceiro exercicio: de carácter obrigatorio e eliminatorio. Consistirá na resolución dun primeiro suposto práctico que se elixirá de entre tres propostos polo tribunal, relacionados co temario da área (bloque II), e un segundo suposto práctico de entre dous propostos polo tribunal, relacionados co temario da subárea (bloque III), que o aspirante elixirá antes de comezar o exercicio. Cada suposto ...»

Esta corrección non supón a apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2013

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña