Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1848

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013 pola que se fai público o resultado do sorteo a que se refire o Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto na Resolución do 4 de xaneiro de 2013 da Consellería de Facenda (DOG núm. 7, do 10 de xaneiro) e do establecido no artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, o día 15 de xaneiro no salón de actos número 2 (pequeno) da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, tivo lugar o sorteo a que alude a citada resolución.

Conforme o resultado del, a orde de actuación dos aspirantes nos procesos de selección para o ingreso na Administración autonómica de Galicia que deriven da oferta de emprego público correspondente ao ano 2013, empezará por aqueles cuxo primeiro apelido comece pola letra X.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

Elena Muñoz Fonteriz
Conselleira de Facenda