Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1858

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 4595/12-JS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4595/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 848/2011 Xulgado do Social número 5 da Coruña.

Recorrente: Carmen Susana Orallo Catoira.

Avogado: José Luis Vázquez Pérez-Coleman.

Recorridos: Fogasa, Satdata Telecom, S.L., Demotecnia Soluciones Tecnológicas, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L., Valedeme, S.L., Democom Radiocomunicaciones, S.L., Radiotech Labs, S.L., Emergency Security And Logistic Control, S.L.

Avogados: Xoán Antón Pérez Lema e Carmen Breijo García.

Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 4595/2012 desta sección, seguidos por instancia de Carmen Susana Orallo Catoira contra a empresa Fogasa, Satdata Telecom, S.L., Demotecnia Soluciones Tecnológicas, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L., Valedeme, S.L., Democom Radiocomunicaciones S.L., Radiotech Labs, S.L., Emergency Security And Logistic Control, S.L., sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Decidimos que, estimando en parte o recurso de suplicación interposto pola demandante Carmen Susana Orallo Catoira, debemos revogar e revogamos parcialmente a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 desta capital no presente xuízo por despedimento. En consecuencia estimamos en parte a demanda interposta pola referida demandante, declarando a improcedencia do seu despedimento, e condenamos solidariamente as empresas demandadas Valédeme S.L. e Emergency Security and Logistic Control, S.L.U., a que no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza opten entre readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o seu despedimento, ou ben satisfacerlle a cantidade de 13.096,80 € en concepto de indemnización, con aboamento en ambos os casos dos salarios deixados de percibir desde o seu despedimento e ata a notificación da presente sentenza, a razón do salario diario de 72,76 €. Todo isto sen prexuízo, de ser o caso, do reintegro da indemnización pola traballadora, caso de tela percibido e se optase pola readmisión, ou ben do aboamento polas empresas unicamente das diferenzas que procedan, caso de optar pola indemnización e se a traballadora percibise xa a cantidade posta inicialmente á súa disposición. E mantemos integramente os restantes pronunciamentos desestimatorios que a decisión impugnada contén.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina que se preparará por escrito perante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 300 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Satdata Telecom. S.L., Demotecnia Soluciones Tecnológicas, S.L., Alilu Inversiones del Atlántico, S.L., Democom Radiocomunicaciones S.L., Radiotech Labs, S.L., en ignorado paradoiro, expido o edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de decembro de 2012

A secretaria xudicial