Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1856

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2458/2010-CRS).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2458/2010 desta sección, seguido por instancia de Pablo Neira Alonso contra a empresa Fogasa, Soengas & Equis Equipamientos Comerciales, S.L. sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Que con estimación do recurso que foi interposto por Pablo Neira Alonso, revogamos en parte a sentenza que con data 9 de abril de 2010 foi ditada en autos tramitados polo Xulgado do Social número 3 dos de Lugo e, estimando a demanda condenamos a empresa Soengas & Equis Equipamientos Comerciales, S.L. a que tamén aboe ao demandante a cantidade de 769,50 € polos 19 días de vacacións non desfrutadas do ano 2008.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que, contra ela, só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 35 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, despois de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así o pronunciamos, mandamos e asinamos por esta nosa sentenza».

Advírtese á parte Construcciones Tensur que, a partir deste momento, se lle efectuarán as notificacións nas dependencias do xulgado, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co establecido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Soengas & Equis Equipamientos Comerciales, S.L., con último domicilio coñecido en r/ Montirón 91, Lugo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

A secretaria xudicial