Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1860

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4270/2009).

Nas actuacións de recurso de suplicación 4270/2009, RCUD 305/2012-S a que se refire o encabezamento, seguidas ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza, dimanantes dos autos 996/2008, do Xulgado do Social número 4 de Vigo, promovidos pola Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o INSS e outros, sobre outros dereitos seguridade social, ditouse a resolución do seguinte teor literal:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial María Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 30 de novembro de 2012.

Únese o anterior escrito, presentado polo letrado da Administración da Seguridade Social, en representación do Instituto Nacional da Seguridade Social, xunto coa certificación da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Castilla-La Mancha alegada de contradición, ao recurso correspondente.

Considérase interposto o recurso de casación para unificación de doutrina. Fórmese peza separada, que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala.

Emprácense as demais partes para que comparezan mediante escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do citado escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala. Deberán acreditar a representación da parte se non consta previamente nas actuacións.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

Enténdese que a parte recorrente compareceu de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 4 de Vigo que se recorreu en casación para unificación de doutrina contra a resolución desta sala.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, agás que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co previsto no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a Galiplac, S.L., con último domicilio coñecido na rúa Areal, s/n, expido e asino este edicto.

A Coruña, 28 de decembro de 2012

A secretaria xudicial