Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1862

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (12/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 12/11 por instancia de Moisés Quemadelos Souto contra Floresta Ferrol, S.L. e o Fogasa, nos cales se ditou sentenza o 28.11.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase a demanda interposta por Moisés Queimadelos Souto fronte a Floresta Ferrol, S.L. e, en consecuencia, condénase a empresa Floresta Ferrol, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de novecentos sesenta e sete euros con corenta e sete céntimos de euro (967,47 euros) percibindo os conceptos salariais os xuros moratorios do 10 %.

Notifíquese a resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso ningún.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Floresta Ferrol, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 21 de decembro de 2012

A secretaria xudicial