Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1863

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (46/2011).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 46/11 por instancia de Viviana Rosalía Cartaginese contra a empresa Suryabheda, S.L. sobre cantidade, nos cales foi ditada sentenza no día 28.11.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Resolvo estimar a demanda interposta por Viviana Rosalía Cartaginese contra Suryabheda, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Suryabheda, S.L. a aboar á demandante a cantidade de oito mil quiñentos cinco euros con vinte e seis céntimos de euro (8.505,26 euros), cuns xuros moratorios do 10 % debidos polos conceptos salariais.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non gozar do beneficio de xustiza gratuíta, deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Suryabheda, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2013

O secretario xudicial