Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1864

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (670/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 670/2012 por instancia de Laura Victoria Silva Martínez contra as empresas Vidrio Galicia, S.L., Noguiouteiro Orense, S.L., María Jacinta Sánchez Rodríguez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre resolución de contrato, nos cales se ditou sentenza o 17.12.2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímanse parcialmente as demandas interpostas por Laura Victoria Silva Martínez fronte a Vidrio Galicia, S.L., os seus administradores concursais Damián Lucio Juan e Constantino Rodríguez González, a empresa Nogui Outeiro Orense, S.L. e María Jacinta Sánchez Rodríguez e, en consecuencia:

– Declárase a inexistencia de despedimento.

– Declárase extinguido, con data da presente resolución, a relación laboral que unía a demandante coa empresa Nogui Outeiro Orense, S.L.

– Absólvese a Vidrio Galicia, S.L., os seus administradores concursais Damián Lucio Juan e Constantino Rodríguez González, e a María Jacinta Sánchez Rodríguez, das pretensións fronte a eles exercidas.

– Condénase a Nogui Outeiro Orense, S.L. a aboar á demandante as seguintes cantidades:

• 21.949,37 euros en concepto de indemnización.

• 3.830,93 euros en concepto de salarios pendentes de pagamento.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Vidrio Galicia, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 2 de xaneiro de 2013

A secretaria xudicial