Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Martes, 22 de xaneiro de 2013 Páx. 1866

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2013, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo 4794/2012, interposto por José Martín Guimaraens Martínez, en nome e representación de Asociación de Medios Comunitarios, contra o Acordo do Consello da Xunta do 26 de xullo de 2011, a Resolución do 27 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao acordo polo que se convoca o concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

Para os efectos de dar cumprimento ao solicitado pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, en relación co recurso contencioso-administrativo núm. P.O. 4794/2012 interposto por José Martín Guimaraens Martínez, en nome e representación de Asociación de Medios Comunitarios, contra o Acordo do Consello da Xunta do 26 de xullo de 2011, a Resolución do 27 de xullo de 2012, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao acordo polo que se convoca o concurso público para o outorgamento de licenzas para a prestación de servizos de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, esta secretaría resolveu ordenar a remisión do correspondente expediente ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como demandadas nos autos no prazo de nove días, de acordo co disposto no artigo 49.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2013

Alfonso Cabaleiro Durán
Secretario xeral de Medios