Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1769

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 1191/2011-M).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 5 da Coruña fai saber que ante este xulgado se tramitan autos co número SSS 1191/2011 por instancia de Martagar, S.L. contra o INSS, a TXSS, a Mutua Gallega A.T., Proycoga e herdeiros de Manuel Maneiro Graña, sobre despedimento, nos cales no día da data se ditou sentenza cuxa parte dispositiva di textualmente:

«Decisión:

1º Que estimando parcialmente a demanda que foi interposta por José Luís Gómez Martínez contra a entidade Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L. e a administración concursal da citada entidade, debo condenar e condeno a Talleres y Aplicaciones del Eume, S.L. a aboarlle ao demandante a cantidade de 2.306,66 euros en concepto de complemento da prestación de incapacidade temporal, e absolvo as citadas demandadas do resto das pretensións contra elas articuladas.

2º Que desestimo a demanda interposta por José Luís Gómez Martínez contra as entidades Hidrocantábrico Energía, S.A., Alstom Power, S.A. e a aseguradora Allianz, Compañía de Seguros y Reaseguros S.A., e absolvo as demandadas das pretensións contra elas articuladas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Se o recurso é interposto pola parte demandada non se admitirá este sen a consignación previa do importe da condena, que deberá ingresar na conta do Xulgado do Social número 5 da Coruña, aberta no grupo Banesto, máis 300 € do depósito especial indicado no artigo 229 da LRXS. Ambos os dous ingresos deberanse efectuar por separado na mesma conta corrente antes indicada, e poderá substituír a empresa o importe da consignación pola constitución á disposición deste xulgado de aval bancario por tempo indefinido e con responsabilidade solidaria do avalista.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación á empresa demandada, herdanza xacente e os descoñecidos herdeiros de Manuel Maneiro Graña, co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que revistan forma de emprazamentos, sentenzas e autos, e expido e asino o presente.

A Coruña, 28 de decembro de 2012

Encarnación Mercedes Tubío Lariño
Secretaria xudicial