Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1768

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (823/2011).

Número de autos: Seguridade Social 823/2011.

Demandante: Jesús Antonio Barreiro Andrade.

Demandado: Intermediaria Pesquera Gallega, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de Seguridade Social 823/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Antonio Barreiro Andrade contra a empresa Intermediaria Pesquera Gallega, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Decido que debo estimar e estimo a demanda interposta por Jesús Antonio Barreiro Andrade contra Intermediaria Pesquera Gallega, S.L. e Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e Servizo Galego de Saúde (Sergas) e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Intermediaria Pesquera Gallega, S.L. ao aboamento da cantidade de 1.162,50 € devindicados por incapacidade temporal durante o mes de xaneiro de 2011, e con obriga de anticipo desta pola entidade Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, sen prexuízo das accións que para o seu reintegro exerza.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe interpor ningún recurso.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza, que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

Advírteselle ao destinatario, a empresa Intermediaria Pesquera Gallega, S.L, que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 1 de febreiro de 2012

A secretaria xudicial