Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1766

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (240/2012).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 240/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rubén Brandariz Brandariz contra a empresa Globalstock Remarketing, S.A., IMG Autosubastas, S.L. e Fogasa, sobre despedimento, se ditou sentenza cuxa decisión é a seguinte:

«Decido que estimando a demanda interposta por Rubén Brandariz Brandariz contra a empresa Globalstock Remarketing, S.A., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 4.1.2012 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade -salvo erro ou omisión- de mil oitocentos catro euros e cinco céntimos (1.804,05 €); con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta euros e nove céntimos (40,09 €) diarios; deberá pór en coñecemento do xulgado no prazo antes dito se opta ou non pola readmisión.

Así mesmo, absolvo a empresa IMG Autosubastas Spain, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria deste último nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíqueselles esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto; poderá substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, na cal se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, e deberase acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptivos para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, mando e asino».

E para que sirva de notificación en legal forma a Globalstock Remarketing, S.A., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

A Coruña, 28 de decembro de 2012

O secretario xudicial