Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1765

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (649/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no proceso seguido por instancia de Manuel Castro Fernández contra Norberto Mejuto Buyo e o Fogasa, en reclamación por ordinario, rexistrado co número 649/2010, se acordou notificar a Norberto Mejuto Buyo, en ignorado paradoiro, o ditame da sentenza recaída:

Decido que, apreciando a incompetencia de xurisdición da orde social, se desestima a demanda interposta por Manuel Castro Fernández contra Norberto Mejuto Buyo e o Fondo de Garantía Salarial, e se absolven de todos os pedimentos formulados na súa contra e deixando imprexulgada a acción exercida, que poderá exercer perante os órganos da orde xurisdicional civil.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que esta non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación a Norberto Mejuto Buyo, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 28 de decembro de 2012

O secretario xudicial