Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1771

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO (606/2012).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial de reforzo do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 606/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Manuel Sueiro Monterroso contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza:

A Coruña, 17 de decembro de 2012.

Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña, ditou a presente resolución nos autos de procedemento sobre despedimento 1016/2012, sendo demandante Manuel Sueiro Monterroso, representado polo letrado Sr. Bouza Fernández, e demandada a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A., despois de ser citado, do mesmo xeito, o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa).

Dispoño:

Que debo estimar e estimo a demanda interposta por parte de Manuel Sueiro Monterroso contra a empresa Rehabilitaciones Hércules, S.A. e, en consecuencia, declaro improcedente a extinción do contrato do demandante e condeno a empresa demandada a que, no prazo de 5 días desde a notificación da presente sentenza, opte entre a readmisión de Manuel Sueiro Monterroso nas mesmas condicións que rexían no momento de producirse o despedimento, e iso con aboamento dos salarios de tramitación que, desde a data do despedimento ata a da presente sentenza, importan a cantidade de 9.928,66 euros, aos cales se deberán engadir os que se devindiquen ata a notificación desta, a razón de 44,32 euros, e a extinción da relación laboral, con aboamento a Manuel Sueiro Monterroso da cantidade de 1.905,76 euros, en concepto de indemnización, así como da de 1.511,22 euros, en concepto de salarios e demais conceptos retributivos debidos.

Non procede a condena do Fondo de Garantía Salarial nesta instancia, sen prexuízo da responsabilidade que se lle poida imputar con posterioridade.

Notifíqueselles a presente sentenza ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu abogado graduado social colexiado, ou representante, dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Inscríbase no libro rexistro da súa clase.

Así o pronuncio, mando e asino.

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada pola maxistrada xuíza que a subscribe no día da súa data, do cal eu, a secretaria xudicial, dou fe».

E para que conste e sirva de notificación a Rehabilitaciones Hércules, S.A., expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e a súa colocación no taboleiro de anuncios.

Así mesmo, ditouse auto de aclaración de data 21.12.2012, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

«Parte dispositiva:

Que debo acordar e acordo a aclaración da Sentenza do 17 de decembro de 2012 ditada no presente procedemento no significado seguinte:

Que no encabezamento desta se substitúa a referencia aos autos 1016/2012 pola referencia aos autos 606/2012, e iso con mantemento inalterado do resto do seu contido.

Contra este auto non cabe recurso ningún».

Así o acorda, manda e asina Ana Rodríguez Piorno, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 2 (reforzo) da Coruña.

A Coruña, 28 de decembro de 2012

A secretaria xudicial