Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 27 de decembro de 2012, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se dá publicidade á Resolución do 4 de decembro de 2012 do director xeral de Desenvolvemento Rural pola que se modifica o Acordo de concentración parcelaria da zona de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña).

O 4 de decembro de 2012 o director xeral de Desenvolvemento Rural ditou a resolución de modificación do Acordo de concentración parcelaria da zona de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña) que se transcribe a seguir:

«O Acordo da zona de concentración parcelaria de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña) foi aprobado pola Dirección Xeral de Infraestruturas Agrarias o 5 de xullo de 2004 e encóntrase na actualidade pendente de firmeza.

Con posterioridade a estes actos, con data do 28 de xuño de 2012 o Concello de Ames solicita a cesión da propiedade do predio nº 577 como consecuencia da instalación dunha estación depuradora de augas residuais.

Visto o informe favorable da xunta local da zona, a Lei de reforma e desenvolvemento agrario, do 12 de xaneiro de 1973, a Lei 10/1985, do 14 de agosto, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, a Lei 6/2011, do 13 de outubro, de mobilidade de terras, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedimento administrativo común, na súa redacción segundo a Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e demais disposicións vixentes de aplicación ao caso.

Á vista de que o destino para o cal se solicita o predio nº 577 é perfectamente subsumible no suposto recollido no artigo 32 da antedita lei galega, esta dirección xeral resolve:

1) Modificar o Acordo de concentración parcelaria da zona de Biduído II-Bugallido II (Ames-A Coruña) e adxudicar ao Concello de Ames a titularidade do predio nº 577 –que causa baixa no fondo de terras da zona– para ser destinada a instalación dunha estación depuradora de augas residuais.

2) En caso de incumprimento dos fins para os cales é adxudicado, a titularidade do referido predio reverterá ao fondo de terras da zona, ao patrimonio da Comunidade Autónoma, á Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) ou a outra entidade que corresponda, segundo o caso.

3) Ordenar que á presente resolución se lle dea a oportuna publicidade, sen prexuízo da súa notificación ao Concello de Ames».

Contra a devandita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, poderán interpoñer recurso de alzada ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural e do Mar, no prazo dun mes que se contará desde o día seguinte ao da publicación desta resolución.

A Coruña, 27 de decembro de 2012

Antonio Manuel Aguión Fernández
Xefe territorial da Coruña