Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1796

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2013 pola que se anuncia a contratación, por procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, do servizo de vixilancia e seguridade para a vixilancia e protección dos bens mobles situados no Servizo de Gardacostas de Galicia, así como doutras dependencias, instalacións e equipamentos que esta consellería ten en Vilaxoán (expediente 40/2012).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición do obxecto: servizo de vixilancia e seguridade para a vixilancia e protección dos bens mobles situados no Servizo de Gardacostas de Galicia, así como doutras dependencias, instalacións e equipamentos que esta consellería ten en Vilaxoán (Pontevedra).

c) División por lotes e número: non leva.

d) Prazo de execución/entrega: o prazo de execución do contrato é de 12 meses.

e) Admisión de prórroga: si, con posibilidade de prórroga por un ano máis.

f) CPV: 79714000-2 e 79710000-4.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto non suxeito a regulación harmonizada.

Criterios de adxudicación: recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 134.710,74 €, IVE (21 %): 28.289,26 €, importe total: 163.000,00 €.

Valor estimado: 269.421,48 €.

5. Financiamento: fondos propios.

6. Requisitos específicos do contratista: solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional, segundo o disposto no prego de cláusulas administrativas.

7. Garantías exixidas: definitiva: 5 % do importe de adxudicación, excluído o IVE.

8. Obtención da documentación e información.

a) Entidade: Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar. Servizo de Contratación.

b) Domicilio: Edificio Administrativo, nº 5, 2º andar, Santiago de Compostela.

c) Teléfonos: 981 54 57 42 (consultas administrativas), 981 54 40 70 (consultas técnicas).

d) Telefax: 981 54 40 47.

e) Correo electrónico: licitacion.medioruralemar@xunta.es

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, excepto sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

Tamén se poderán obter os pregos relativos a esta contratación a través da internet no enderezo http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=18247

9. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación das ofertas empezará o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e finalizará aos quince (15) días naturais, a non ser que o último día fose sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: o único rexistro válido será a oficina de Rexistro Único e Información da Xunta de Galicia (Edificio Administrativo de San Caetano, s/n, Santiago de Compostela 15781), poderase enviar por correo dentro do prazo de admisión sinalado a este rexistro único. Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama, burofax ou fax (981 54 40 47).

d) Prazo en que o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses contados desde a data de apertura das proposicións.

10. Apertura das ofertas.

a) Enderezo: sala de xuntas da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural e do Mar.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

c) Datas e horas: a apertura dos sobres B terá lugar, en acto público, ás 12.00 horas do oitavo día hábil seguinte ao da finalización do prazo de presentación das ofertas, a non ser que fose sábado, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

11. Gastos de publicidade: serán por conta do/s adxudicatario/s.

12. Outras informacións.

a) Información relativa ás condicións de subrogación nos contratos de traballo (anexo I do prego de prescricións técnicas).

b) Obriga dos licitadores de estar inscritos no Rexistro de Empresas de Seguridade do Ministerio do Interior.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2013

P.D. (Orde 30.3.2012, DOG nº 70, do 12 de abril)
Francisco José Vidal-Pardo Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e do Mar