Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Luns, 21 de xaneiro de 2013 Páx. 1801

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 28 de decembro de 2012 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/67/2012, devolta polo servizo de Correos por resultar os seus destinatarios ausentes na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), publícase o emprazamento de María Elena Reboredo Acuña, David Río Reboredo e Nerea Río Reboredo, para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística IU3/67/2012, incoado polas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Corvelle, San Vicente, no termo municipal de Lugo, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición dos interesados na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que consideren pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 28 de decembro de 2012

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística