Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1396

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1127/2011).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 1127/2011 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Mesías López contra a empresa Inman Pazo Real, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame din:

«Autos 1127/2011.

A Coruña, 18 de decembro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre despedimento, por instancia de José Antonio Mesías López, que comparece representado polo letrado Sr. Pousa Meréns, contra a empresa Inman Pazo Real, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, ditou a seguinte

Sentenza:

Decido que, estimando a demanda interposta por José Antonio Mesías López contra a empresa Inman Pazo Real, S.L., declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 13.10.2011 e condénoa a que, no prazo de cinco días contados desde a notificación desta resolución, opte entre readmitir o demandante no seu posto de traballo ou indemnizalo pola extinción da relación laboral coa cantidade, salvo erro ou omisión, de trescentos dezaoito euros e sesenta céntimos (318,60 euros), con aboamento, en todo caso, dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación da presente resolución, en contía de corenta e dous euros e corenta e oito céntimos (42,48 euros) diarios, debendo poñer en coñecemento do xulgado no prazo antes dito, se opta ou non pola readmisión.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de trescentos euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Inman Pazo Real, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de decembro de 2012

O secretario xudicial