Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1398

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (790/2010).

Óscar Méndez Fernández, secretario xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 790/2010 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Francisco Sánchez Marcote contra a empresa Lorenvar, S.L., con intervención do Fogasa, sobre ordinario, ditouse sentenza, cuxo encabezamento e ditame din:

«Asunto 790/2010.

Na cidade da Coruña, 20 de decembro de 2012.

Lara Mª Munín Sánchez, xuíza substituta do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tras ver os presentes autos sobre cantidades, por instancia de Víctor Francisco Sánchez Marcote, que comparece representado pola letrada Sra. Navarrete Rey, contra a empresa Lorenvar, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, que non comparece, ditou a seguinte

Sentenza.

Decido que, estimando a demanda interposta por Víctor Francisco Sánchez Marcote contra a empresa Lorenvar, S.L., condénoa a que lle aboe a cantidade de dez mil seiscentos corenta e dous euros e cincuenta e seis céntimos (10.642,56 €), incrementada co xuro por demora do 10 %.

Así mesmo, absolvo o Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes facéndolles saber que non é firme, e fronte a ela cabe formular recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución. De ser recorrente a empresa demandada deberá acreditar mediante a exhibición ante este xulgado o xustificante acreditativo de ter depositado a cantidade obxecto de condena na conta deste xulgado, aberta en Banesto, podendo substituírse a consignación en metálico polo aseguramento mediante aval bancario, en que se fará constar a responsabilidade solidaria do avalista, debendo acreditar tamén na indicada conta a consignación da suma de 300 euros preceptiva para recorrer, sen cuxo cumprimento non se terá por anunciado o recurso.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lorenvar, S.L., expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de decembro de 2012

O secretario xudicial