Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Xoves, 17 de xaneiro de 2013 Páx. 1395

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (2/2012).

Óscar Méndez Fernández, secretario substituto do Social número 2 da Coruña, fago saber que por resolución ditada o día 30.8.2012, no proceso seguido por instancia de María Jesús Vázquez Núñez contra Raquel Cardama del Río, en reclamación por despedimento, rexistrouse co número 2/2012 e acordouse notificar a Raquel Cardama del Río, o ditame de sentenza seguinte:

«Decido que debo estimar e estimo integramente a demanda en materia de despedimento e debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento de que o demandante foi obxecto o 5 de decembro de 2001 e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes ao cesar na súa actividade a demandada, desde a data da presente resolución, e condeno a entidade Rosas y Grelos, S.L. á readmisión do traballador no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza ou á indemnización por despedimento de corenta e cinco días de salario por ano de servizo, rateándose por meses os períodos inferiores a un ano, ademais do aboamento dos salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a notificación desta resolución.

Condeno, así mesmo, a empresa aboar á demandante a cantidade debida na data de despedimento de 5.785,08 euros, como liquidación das cantidades debidas.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, abondando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán nos estrados deste xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación a Raquel Cardama del Río, en ignorado paradoiro, expídese a presente cédula para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 27 de decembro de 2012

A secretaria xudicial