Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Mércores, 16 de xaneiro de 2013 Páx. 1284

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados

EDICTO (200/2011).

No procedemento de referencia ditouse a resolución do teor literal seguinte:

«Sentenza nº 49/2012.

Cambados, 25 de maio de 2012.

Vistos por min, Paula Méndez Domínguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 4 de Cambados, os presentes autos de xuízo ordinario número 200/2011, seguidos por instancia de Antonio Uhía Fernández, representado pola procuradora dos tribunais Raquel Santos García e asistido polo letrado Emiliano Cacabelos Montes, contra Promociones Canela y Mar, S.L. e Montalpor, S.L., declaradas en situación procesual de rebeldía; con base nos seguintes, e

Decido:

Que estimando parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Raquel Santos García, en nome e representación de Antonio Uhía Fernández, contra Montalpor, S.L. e Promociones Canela y Mar, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro que debe prevalecer a venda outorgada por Montalpor, S.L. a favor do demandante sobre o predio rexistral nº 31761 de Sanxenxo inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados, outorgada nos documentos privados do 9 de xuño e 21 de xullo de 2004, sobre a venda outorgada por Montalpor, S.L. a favor de Promociones Canela y Mar, S.L. inscrita no Rexistro da Propiedade de Cambados o 3 de marzo de 2006, e ordeno a cancelación rexistral das inscricións e anotacións contraditorias co dito pronunciamento.

2. Debo declarar e declaro que o demandante Antonio Uhía Fernández é posuidor de boa fe do predio rexistral nº 31761 de Sanxenxo inscrito no Rexistro da Propiedade de Cambados, referido nos feitos primeiro e segundo da demanda, en virtude dos documentos privados de compravenda do 9 de xuño e 21 de xullo de 2004, e que tendo investido nas obras de construción dunha vivenda sobre o dito predio o importe de 240.000 euros e noutras obras necesarias e útiles o importe de 108.888,29 euros, para o caso de ter que cesar na posesión por calquera causa e, se é o caso, por execución forzosa por débedas dos titulares rexistrais, ten dereito a que lle sexan aboados os ditos gastos, como necesarios e útiles, e ten dereito a reter a cousa ata que se lle satisfagan os ditos gastos.

3. Debo condenar e condeno as entidades demandadas a estar e pasar polos ditos pronunciamentos e cumprilos.

Non procede efectuar imposición das custas procesuais a ningunha das partes, e deberá aboar cada unha as causadas pola súa instancia e as comúns por metade.

Notifíqueselles ás partes a presente resolución e fágaselles saber que non é firme e que fronte a ela cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra, que deberá interpoñerse perante este xulgado, por escrito, no prazo de vinte días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Montalpor, S.L., Promociones Canela y Mar, S.L., expídese o presente edicto para que sirva de notificación.

Cambados, 11 de decembro de 2012

A secretaria xudicial